Entradas

SUBTÍTULOS INCRUSTADOS

       Para subtitular este vídeo primeiro utilicei o programa Subtitle Horse, onde carguei o vídeo descargado e comecei e escribir os subtítulos podendo seleccionar o tempo mentras esoitaba e vía o vídeo. Unha vez que rematei de subtitulalo e comprobei que cadraban os textos, exportei o arquivo en srt. Finalmente, carguei o vídeo descargado no programa HandBrake (no apartado de son e vídeo do menú de aplicativos) e tamén carguei o ficheiro que exportara cos subtítulos no apartado de subtítulos. Pulsei o botón de start para que procesase o vídeo e descargueino en m4v.      O enlace do vídeo que utilicei: https://www.youtube.com/watch?v=-pvTDf1Eq6M   

Características da Sociedade do Coñecemento

Imagen
              Este esquema resume as principais características da sociedade do coñecemento. A información saqueina do arquivo La Sociedad del Conocimiento na aula virtual, e fíxeno usando un programa en liña para este tipo de esquemas que non necesita rexistrarse, Text2Mindmap.  Escribimos o texto e presionamos en intro para un cadrado mais mais.

GRÁFICA CORONAVIRUS EN GALICIA 2021

Imagen
                                   Esta gráfica foi feita co programa LibreOffice para follas de cálculos. Primeiro fixen unha táboa cos datos do coronavirus en febreiro deste ano en Galicia sacando os datos da páxina web do Sergas. Descargamos os datos das gráficas e poñémolos na nosa táboa seleccionando o mes e a zona que queremos coa función do filtro (colador). Despois de ter a táboa feita e  completa seleccionamos os datos e dámoslle a insertar gráfica e sairanos a seguinte gráfica cos datos postos da nosa táboa. Finalmente, centramos a táboa e a gráfica e imprimos a folla A4 en pdf (esta subido na aula virtual) e descargamos a táboa en formato jpg para poder engadila  aquí.

LOGO MICROSOFT OFFICE

Imagen
     Este é un logo de microsoft que fixen coa aplicación LibreCAD. Primeiro tivemos que facer unha plantilla na que aparecen os datos do traballo e en que fecha foi feito. Despois comecei a facer o logo poñendo as coordenadas para crearas liñas da forma do logo. A continuación cando xa tiña todas as liñas, borrei as que iban polo medio para que se viran só as da forma de fora. Finalmente, exportei o logo en pdf.

REFLEXIÓN DO SOFTWARE LIBRE

Imagen
Richard Stallman é un programador estadounidense e creador do software libre. Tamén é presidente de Free Softwarew Foundatione e creador do proyecto GNU. O software libre trátase da libertade dos usuarios para executar, copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar o softwar. A libertade de estudar como funciona o software e adaptalo ás túas necesidades. O software privativo por outra parte funciona con grillóns dixitais que impoñen restriccións e non permite a súa libre modificación nin adaptación. Na miña opinión un software libre permíteche mais liberdades e poder modificalo ás túas necesidades polo que pode ser mais cómodo que o privativo.