SUBTÍTULOS INCRUSTADOS
Para subtitular este vídeo primeiro utilicei o programa Subtitle Horse, onde carguei o vídeo descargado e comecei e escribir os subtítulos podendo seleccionar o tempo mentras esoitaba e vía o vídeo. Unha vez que rematei de subtitulalo e comprobei que cadraban os textos, exportei o arquivo en srt. Finalmente, carguei o vídeo descargado no programa HandBrake (no apartado de son e vídeo do menú de aplicativos) e tamén carguei o ficheiro que exportara cos subtítulos no apartado de subtítulos. Pulsei o botón de start para que procesase o vídeo e descargueino en m4v.
O enlace do vídeo que utilicei: https://www.youtube.com/watch?v=-pvTDf1Eq6M
Comentarios
Publicar un comentario